A esquerda sindical da fábrica viguesa de PSA Peugeot Citroën, expresou o seu apoio sen fisuras aos traballadores da planta de Opel en Figueruelas (Zaragoza), perante as chantaxes da patronal.
Viernes 26 de enero de 2018

Como denunciabamos onte dende as páxinas de Izquierda Diario, os traballadores da fábrica de Opel na localidade de Figueruelas (Zaragoza), que se atopan en plena negociación do convenio colectivo, están a sofrer os abusos e chantaxes da patronal.
A planta pertence dende agosto do pasado ano ao grupo francés PSA, cuxa principal factoría no Estado español está situada no barrio vigués de Balaídos. E é precisamente a Vigo, cara onde ameaza a patroal con deslocalizar unha parte fundamental da producción, si os traballadores de Figueruelas non pasan baixo as horcas caudinas e aceptan os durísimos recortes plantexados pola empresa.
Non obstante, a reacción dos obreiros vigueses non se fixo de agardar. A esquerda sindical da fábrica viguesa xa manifestou o seu máis completo apoio aos compañeiros aragoneses. Vítor Mariño, responsable da CUT-Citroën e referente sindical, manifestou que “Non imos a quitarlles o pan da boca para seguir nós engordando”. Animou aos traballadores da planta zaragozana a que sigan “mantendo o pulso” á patronal e felicitounos por ser “capaces de aguantar o envite, que obviamente é unha chantaje”.
También dende a sección sindical da CIG fixéronse escoitar voces solidarias. Nun comunicado público
], manifestaron “toda a súa solidaridade”, xa que “aínda que vistamos diferente funda, todas/os somos traballadoras/es”. “Non estades sós”, aseguran.
E por suposto que non o están. Frente ao intento burgués de atomizar e dividir aos asalariados, debemos extender e profundizar estas experiencias de solidaridade. A esquerda sindical de PSA-Vigo senta un marabilloso precedente.